Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
TORTURAREN KONTRAKO TALDEA

TORTURAREN KONTRAKO TALDEA

Grupo contra la tortura de Santurtzi (Euskal Herria).

Viernes, 29 de julio de 2005

Galiza: Escaparate MpDC: Camisetas, Chapas e Informes.

Numerosos son os temas que analisamos, desde a falla de información e a impunidade na catástrofe do Prestige, as cámaras de videovixiancia de Compostela, até as sentenzas ditadas en Galiza cando hai conflitos sociais (os tres sindicalistas de Lugo, os veciños do Eixo, unha persoa de Nunca Máis Lugo, integrantes da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, etc), así como recollermos todas aquelas actuacións que vimos realizando no ámbito dos dereitos civis.


No ano 2002 o Movemento polos Dereitos Civís nasceu có obxectivo de facer frente á perda de dereitos e liberdades que cada vez máis acusadamente sofremos os cidadáns e cidadás de Galiza. Este obxectivo xorde tras as folgas xerais do 2001 e 2002 e despois das mobilizacións en contra da LOU; momentos na historia recente de Galiza que amosaron dunha forma especial a perda de dereitos e liberdades que sofremos; momentos nos que poidemos ver televisado como membros das Forzas e Corpos do Estado cargaban brutalmente contra cidadáns que exercían dereitos legalmente recoñecidos mentres o goberno -os nosos representantes políticos- mentían publicamente negando as cargas e converténdoas en "desprazamentos da masa manifestante".

Durante a súa existencia o MpDC ven utilizando os recursos xurídicos que a lexislación posúe, recursos que deberían funcionar como mecanismos de control daquel pero que na prática se amosa como un traxe que adorna un Estado de Dereito que non é tal. A Administración de Xustiza, o "Defensor del Pueblo", o Valedor do Pobo, ... son algunhas das autoridades, administracións ou institucións aos que acudimos de forma habitual para denunciar os feitos que chegan ao noso coñecemento. Tamén son estas autoridades, administracións ou institucións as que evidencian dunha forma máis palpábel a neglixente defensa dos dereitos e liberdades que nos oferecen.

Tras cada ano de traballo o MpDC ven apresentando un informe da labor realizada, das denuncias e reclamacións da nosa organización perante as situacións de recurte das liberdades ou abusos de autoridade. Este é o terceiro e, nesta ocasión, ademais, engadimos artigos de profesores, estudantes e licenciados en dereito, sindicalistas, avogados/as e asociacións sobre asuntos no que o MpDC non interviu directamente mais que consideramos importante tratar no noso informe.

Numerosos son os temas que analisamos, desde a falla de información e a impunidade na catástrofe do Prestige, as cámaras de videovixiancia de Compostela, até as sentenzas ditadas en Galiza cando hai conflitos sociais (os tres sindicalistas de Lugo, os veciños do Eixo, unha persoa de Nunca Máis Lugo, integrantes da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, etc), así como recollermos todas aquelas actuacións que vimos realizando no ámbito dos dereitos civis. Este informe pretende ser unha ferramenta de concienciación da sociedade galega respecto da necesidade de defender os nosos dereitos. Ademais dun altofalante das nosas propostas para que sexan coñecidas en todo o territorio galego, e máis alá, para continuar a sumar máis persoas ao noso proxecto. Para a elaboración do mencionado informe contamos coa colaboración de:

Alba Nogueira (Profesora De Dereito na USC),
Andrés Fariña (Estudante de Dereito ),
Antolín Alcántara (Sindicalista),
Artur González (CAF),
Carlos Aymerich (Profesor de Dereito na UDC),
Esculca,
Fran del Buey (preS.O.S.),
Mercedes Vidal (Enfermeira)
Nemesio Barxa (Avogado),
Paula Castro (Xornalista),
Rafa Villar (Escritor),
Roi Ribeira (Galiza Nova),
Serxio Aller (Xornalista),
Suso de Toro (Escritor),
Tareixa Paz (Funcionaria Administración de Xustiza),
Xan Carlos Ansia (Sindicalista),
Xosé Ferreiro Fernández (Sindicalista),
Xose María García Villaverde (ADEGA),
Xosé María Rodriguez (Avogado),
Zelia García (Xornalista),
Yasha Maccanica (Statewach)

Pódeste facer cun exemplar do informe 2004 polo prezo de 6 € ou convertíndote en membro protector/a do MpDC (cunha cota anual de 35 € que ademáis da dereito ao agasallo dunha camiseta e unha chapa do MpDC), o cal sería tamén para nós un elemento máis de apoio, respaldo e axuda. Para isto, podes facer un ingreso no número de conta de Caixanova: 2080/0540/44/0040000724, facendo constar nome e apelidos, ou pedir que cho enviemos contra reembolso. Do mesmo xeito, necesitaríamos ter un enderezo de contacto para poderche enviar o informe, e continuar a transmitirche as iniciativas que o MpDC leve adiante. Podénolo enviar neste formulario. Agardamos poder contar coa túa solidariedade e apoio. Recibide un saúdo,

Xosé Renato Nunes da Silva - Coordenador do MpDC.

Referencias

URL para referencias

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Miniblog

Búsqueda

 

Categorías

ARTICULOS / OPINION (346)
COORDINADORA para la PREVENCION de la TORTURA (17)
DENUNCIA (372)
DETENCIONES (166)
EPAIKETAK / JUICIOS (149)
General (5)
INDAR OKUPATZAILEAK / FUERZAS DE OCUPACION (58)
POLITICA (106)
PRES.O.S. (47)
SOLIDARIDAD CONTRA LA TORTURA (231)
TORTURA EN EUSKAL HERRIA (12)

Archivos

Noviembre 2009 (0)
Marzo 2008 (1)
Enero 2008 (3)
Diciembre 2007 (7)
Noviembre 2007 (20)
Octubre 2007 (14)
Septiembre 2007 (10)
Agosto 2007 (10)
Julio 2007 (12)
Junio 2007 (9)
Mayo 2007 (6)
Abril 2007 (5)
Marzo 2007 (6)
Febrero 2007 (7)
Enero 2007 (11)
Diciembre 2006 (11)
Noviembre 2006 (30)
Octubre 2006 (49)
Septiembre 2006 (22)
Agosto 2006 (6)
Julio 2006 (12)
Junio 2006 (22)
Mayo 2006 (4)
Abril 2006 (2)
Febrero 2006 (41)
Enero 2006 (181)
Diciembre 2005 (178)
Noviembre 2005 (224)
Octubre 2005 (83)
Septiembre 2005 (3)
Agosto 2005 (348)
Julio 2005 (96)
Junio 2005 (76)

Sindicación

RDF 0.91
RSS 1.0
XML/RSS 2.0
Atom 0.3

Créditos

Diseñado por Manu Contreras
Creative Commons License

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009